Burela acolle un foro sobre a inversión económica en Cabo Verde

Burela acolle un foro sobre a inversión económica en Cabo Verde

24 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A importante comunidade de caboverdianos asentada en Burela foi clave para acoller este foro, que se celebra simultaneamente en tres cidades máis, Madrid, Barcelona e Bembibre (Bierzo Alto en León).  A cita será o domingo 26 de xuño.

A República de Cabo Verde vive unha era de novas oportunidades de crecemento e desenvolvemento e dende a organización queren potenciar as iniciativas inversoras neste país africano. O Foro- Ku Kabu Verdi bu ta sai ta ganha! – promovido polo Instituto das Comunidades e polo Proyecto CAMPO- Centro de Apoyo al Migrante en el País de Origen, conta coa voz de líderes de asociacións, migrantes caboverdianos con experiencias emprendedoras en Cabo Verde e institucións caboverdianas relacionadas coa inversión.
O programa conta con dous eixes principais. Por unha banda as oportunidades de inversión en Cabo Verde, que inclúe a orientación-reintegración do emigrante caboverdiano e casos exitosos de promoción emprededora ademais da proxección do documental 'Espiga Dorada'. Por outra banda, falarase do fortalecemento da actitude emprendedora tendo en conta o papel das asociacións de emigrantes e contarase coa presentación do proxecto '20 plans de negocio'

En Burela, este foro corre a cargo da Asociación Cultural Tabanka, de caboverdianos bureleses e terá lugar no Salon de Conferencias da localidade a partir das catro da tarde do domingo 26.

Sociedade