Burros e listos / ricos e pobres.

Burros e listos / ricos e pobres.

08 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convocou folga xeral mañá en todolos niveis do ensino. Ao paro nas aulas, ao que están convocados os estudantes e o profesorado, hai que sumar as manifestacións na rua. En Ferrol sairá unha ás 11:30 da mañá do edificio da Xunta en dirección á Praza de Armas. A Plataforma agarda que a folga sexa un éxito e que, a comunidade educativa no seu conxunto, poña de 

Afirman estudantes e profesorado que a pretendida reforma do PP liquida a igualdade de  oportunidades e expulsa do ensino os sectores sociais máis desfavorecidos da sociedade. Para o Coordenador do Sindicato de estudantes de Ferrol, Marcos Abad, a reforma do Ministro Wert lévanos atrás, "ao ensino franquista que separaba aos listos dos torpes e aos ricos dos pobres". As reválidas, a elección obrigada de itinerarios a idades temperás ou a ausencia de participación democrática na xestión dos centros educativos son, sen dúbida, outro ataque sen precedentes á igualdade e á equidade na educación, segundo plabras de Marcos Abad.

O que busca esta contrarreforma é reducir o período de ensino obrigatorio. A exclusión dunha parte da sociedade e a reformulación do principio de gratuidade mediante a introdución de fórmulas de re-pago da educación. O propio bacharelato suporía importantes gastos que non toda a cidadanía poderá costear, por non falar dos aumentos, que xa estamos a sofrer, das taxas universitarias ou os desorbitados prezos de másteres e cursos de posgrao. 

Coincide con este argumentario o outro sector  implicado, o profesorado. Entrevistamos á Secretaria da CIG -ensino na comarca de Ferrol, Mª Antonia Martínez, quen afirma que hai tempo a parar esta reforma e que a contestación á folga e ás manifestacións convocadas mañá dia 9 de maio, son moi importantes para conseguilo. .

Sociedade