Buscando unha sociedade máis igualitaria

Buscando unha sociedade máis igualitaria

09 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As portas da conmemoración do 25 de novembro “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, o Concello de Fene aprobou ou II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do municipio 2010-2013. Para 4 anos deséñanse un completo catálogo de accións para buscar unha sociedade máis igualitaria.

Este II Plan de Igualdade de Oportunidades comeza cun amplo estudio diagnóstico da realidade municipal de Fene en materia de igualdade. Esta diagnose ten como obxectivo servir de base dun xeito completo, viable e útil, que dea paso á implantación de medidas eficaces e continuadas.

A segunda parte deste documento, o denominado Plan de Acción parte dun obxectivo xeral: Conseguir unha maior igualdade entre as mulleres e os homes de Fene en todos os niveis da súa vida. Para acadar este obxectivo, márcanse outros como a promoción da integración gradual da perspectiva de xénero. A súa elaboración foi posible grazas á participación da sociedade fenesa, persoas que integran as dimensións políticas, tecnico- administrativas e social, xunto coa opinión de persoas expertas e a cualificación do equipo técnico encargado do proceso.

Terá unha vixencia de 4 anos, do 2010 ao 2013, período no que se tratará de facer unha sociedade máis igualitaria, menos machista e máis progresista.

Sociedade