Bye bye Dublín

Bye bye Dublín

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Xa está confirmado: salvo novas sorpresas xeolóxicas, este será o itinerario de escapada de Irlanda dos nosos aventureiros” . Así comeza esta mañán a páxina do colexio O Feal de Narón, anunciando a boa nova de que os 19 alumnos e profesoras inician a viaxe de retorno de Irlanda en autobús hoxe mesmo, ás 18,30 da tarde.

Este será o itinerario:

18:30 h: Recollida das 19 persoas en Lower Abbey Street - Dublín
21:00 h: Porto de Dublín a Holyhead (Reino Unido) en Ferry
23:30 h: Traslado de Holyhead a Victoria Street - Londres en autobús

Dia 21/04/20100

07:00 h: Chegada a Victoria Street
08:00 h: Recollida das 19 persoas con destino Narón.
Queda por concretar a hora de chegada a casa.

O equipo directivo do CPI do Feal agradece a mediación da Consellería de Educación na xestión que finalmente resolveu o problema. Queda un longo camiño para chegar a casa, pero en Narón haberá moita xente agardando cos brazos abertos!

Os de Narón non son os únicos estudiantes galegos que quedaron atrapados noutros paises. En total son 95 alumnos-as e 10 profesores galegos os desprazados por Europa adiante. A Consellería de Educación está en contacto cos centros escolares de O Feal (Narón), La Merced (Sarria), Promotora Educativa Lucense (Lugo) por mor dos alumnos e alumnas e os docentes- titores que non poden saír de Dublín (Irlanda); Londres(Inglaterra), Conpenhague (Dinamarca), respectivamente. Así como os dos IES As Mercedes e o IES A Piringalla, de Lugo, que están en Roma (Italia).
Desde a Administración estase a traballar coas embaixadas españolas nos distintos países para que reciban toda a atención que precisen mentres non poden volver a Galicia

Sociedade