Cáceres ven a Ferrol pedindo apoio para ser Capital Cultural en 2016

Cáceres ven a Ferrol pedindo apoio para ser Capital Cultural en 2016

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Algo teñen en común as duas cidades: ser ou aspirar a ser Patrimonio da Humanidade. O Ateneo Ferrolán inaugura o venres dia 30 a exposición “CÁCERES 2016: MIRADAS” que permanecerá en Ferrol ata o 14 de maio. A alcaldesa da cidade extremeña asistirá ao acto.

A cidade de Cáceres é Patrimonio da Humanidade e candidata a ser Capital Cultural Europea o 2016, polo que o Ateneo de Cáceres organiza unha exposición itinerante  pola rede de ateneos e casas de cultura de España e Portugal, un eficaz vehículo de difusión da candidatura cacereña en cantas cidades poida chegar a ser contemplada esta exposición.
 
“CÁCERES 2016: MIRADAS” está composta por 22 obras entre pinturas e fotografías nas que se amosan distintos enclaves desta cidade, elaboradas por 22 autores seleccionados nun certame público convocado polo Ateneo de Cáceres. Estas miradas van enriquecidas por unha coidadosa selección de textos poéticos en castelán e portugués.

A itinerancia desta mostra pasa por Beja, Odivelas ou Lisboa en Portugal e, Albacete, Ourense, Barcelona, Madrid e Ferrol. Á inauguración asistirá o Presidente do Ateneo de Cáceres e a Alcaldesa da cidade extremeñaque fará entrega do catálogo editado.

Sociedade