A Cámara de Comercio de Ferrol aposta pola exportación para a venda dos produtos galegos

A Cámara de Comercio de Ferrol aposta pola exportación para a venda dos produtos galegos

21 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Cámara de Comercio de Ferrol promocionará as exportacións en dezasete países durante este 2010 co fin de incrementar as vendas dos produtos galegos nestes mercados. A meirande parte destas actuacións diríxense á  países da Unión Europea e doutros que aspiran ao ingreso no espazo comunitario. Máis tamén se contemplan escenarios en outros continentes.

O sector naval, eólico e os materiais de construcción concentran a meirande parte da programación deseñada polo departamento de comercio exterior da cámara.

Entre as principais novidades deste ano atópase a celebración dun encontro empresarial na India, previsto para xuño, onde se darán cita empresas da industria auxiliar do naval para contacatr con potenciais clientes.Nas misións comerciais directas con carácter multisectorial mantéñense destinos xa habituais do centro e do leste de Europa. O Plan tamén prevé sendas actuacións inversas que traerán a Galicia importadores europeos de planta ornamental e de materiais de construcción.

Asemade a Cámara retoma  a promoción das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e con este fin organízase para xullo unha viaxe de familiarización de xornalistas alemáns e suízos.

Sociedade