Cáritas ponse en marcha

Alimentos e donativos recolle Cáritas de Fene desde o dia 9
04 de Decembro, 2019 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

Cáritas parroquial de Fene pon en marcha a campaña de Nadal desde o luns 9 de decembro ata o dia 19 do mesmo mes. Recollen alimentos en supermercados e no propio local polas tardes, de 17:00 a 19:00 horas.

ESCOITA O PODCAST:

Cáritas parroquial de Fene lanza a campaña especial de Nadal nos supermercados e no seu propio local. A recollida de alimentos, tamén os típicos destas datas, empeza o luns 9 e remata o 19 de decembro. Todos os dias, de cinco a sete da tarde no local do cruce de Fene recollen as aportacións da xente que aprovisionarán a unhas 30 familias que pasan por unha delicada situación económica.

Podemos depositar alimentos, se é máis cómodo, nos supermercados Eroski, Gadis de Fene e Perlío e Froiz en Marqués de Figueroa. María Dopico, de Caritas parroquial de Fene, explica que tamén en pequenas tendas, nas farmacias, imprenta e copisteria de Perlío, etc, recollen tamén donativos. Non so alimentos, Cáritas recolle tamén donativos en metálico porque o diñeiro tamén é necesario para cubrir outras necesidades durante todo o ano.

Juana Domínguez aclara que xa comezaron no mes de novembro os preparativos da campaña navideña. Cáritas de Fene está atendida por dez persoas. Coinciden María e Juana en que a maioría é xente maior e que sería importante que novos voluntarios e voluntarias se achegasen á entidade para ir tomando o relevo. Por suposto tamén serán benvidos novos socios e socias.

Sociedade

Publica o teu comentario agora