A caída de Oscar Ferreño mantivo en vilo aos asistentes na Festa do Cabalo de Magalofes

A caída de Oscar Ferreño mantivo en vilo aos asistentes na Festa do Cabalo de Magalofes

31 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un aparatoso accidente deixou ao público e á organización aterrada nas probas de carreiras da Festa do Cabalo de Magalofes. Xa ao remate da xornada equina a caída do xinete Óscar Ferreño presaxiaba un fin de festa tráxico. Arredor de dez minutos Ferreño permaneceu tirado no chan ata que puido levantarse e recuperarse.

A caída de Óscar Ferreño dá mostra da perigosidade dalgunhas das probas ecuestres como é o caso das carreiras. Unha das modalidades que maior expectación xeran entre o público pola súa vistosidade e forza. A carreira comezou sen ningunha incidencia ata que nunha curva o cabalo do mozo de Brión derrapou. Ferreño caeu ao chan tras un golpe do seu equino e logo algún cabalo pasou por riba do seu corpo. Nese momento a organización parou a carreira e o medo extendeuse entre os asistentes.

A traxedia respirabáse no ambiente. Público, Policía local, membros da organización saltaron á pista e rodearon ao xinete quen non se movía do lugar da caída. Tras uns minutos de incertidume e de pánico, no que se chamou a unha ambulancia, Óscar se levantou  e o retiraron para unha zona de sombra para descansar. Policía Local e organización insistían ao xinete que marchara na ambulancia para facerse un recoñecemento pero non accedeu.
 

Máis recuperado, e en contra da opinión da maioría, participou noutra carreira acadando o primeiro posto. A xente que o coñece salientaba a forza e a rudeza do mozo. Óscar Ferreño non só foi protagonista por este incidente senón tamén porque resultou vencedor de moitas das probas que se celebraron ao longo de todo o día en Magalofes. O que semellaba uha traxedia acabou como un gran susto, dos que non se esquecen fácilmente.

Sociedade