CaamoucoNet xa é asociación

CaamoucoNet xa é asociación

18 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ver os efectos das mareas na costa de Caamouco. Esa foi unha das meirandes sorpresas que causou en Xapón a páxina web Caamouco.net. O sitio de Internet inclue unha cámara cunha vista panorámica do porto de Redes. A imaxe actualízase cada 5 minutos. Agora ese grupo de amigos con páxina web ven de constituirse en Asociación Cultural con Camouco e a páxina como centro das suas actividades.

CaamoucoNet conta con 32 socios individuais, tres entidades e 1 empresa. Eran un grupo de amigos cunha páxina web pero dende hai dous meses constituironse en asociación cultural para organizar actividades relacionadas con internet. O presidente da asociación, Regino Varela, afirma que todos confluien no seu interese por fomentar a cultura, achegar as novas tecnoloxias aos veciños da parroquia e dar a coñecer Caamouco na rede.  Caamouco.net. Esta parroquia do Concello de Ares conta xa cun sitio preferente na rede, web, fotoblog, wiki, de todo como en botica.

Sociedade