Caaveiro, aquel emblemático espazo

Caaveiro, aquel emblemático espazo

26 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O camiño orixinal para chegar ao mosteiro de Caaveiro viña dende A Capela e o Pousadoiro, salvando a ponte do río Sesín. A soedade era o prezo a pagar para poder gozar da fermosura natural deses paraxes, regados polas augas dos rios Eume e Sesín. Dende algúns recunchos do camiño, divisase a silueta do mosteiro, encabalgado sobre un promontorio rochoso, amosando o seu perfil edificado, como apoiado nas copas das árbores.

Os arquitectos Celestino Garcia e Isabel Aguirre dirixen a rehabilitacion dende o ano 2004. O  cenobio daquela presentaba un estado ruinoso.

O historiador Carlos de Castro sinala que Caaveiro foi un mosteiro relativamente pequeno. No momento de maior esplendor vivian na Colexiata 6 coengos, cando noutros cenobios residian ata 20 relixiosos. A torre do campanario, a igrexa de San Xoan, as casas dos coengos e a sacristía configuran un conxunto arquitectónico singular.

Darlle un uso ao edificio para que non volva ao estado no que se encontraba era a primeira recomendación da arquitecta, Isabel Aguirre. O encanto de Caaveiro ven dado polo paraxe increible no que se encontra. Tamén pola súa relación con San Rosendo, persoaxe clave na historia da Edade Media en Galicia.

 

A finais do século XIX o avogado de Pontedeume Pio Garcia Espinosa adquire o mosteiro de Caaveiro, naquela época xa en ruinas. Reconstruie o cenobio e pasa temporadas do ano alí. En 1960 abandona Caaveiro o seu último habitante. O maior valor do edificio, algo que se ten en conta a hora de encarar a restauracion, e o entorno, a paraxe única que o rodea.

O poder económico de Caaveiro ainda no século XVIII é considerable. 15 parroquias formaban o seu couto, cunha economía volcada na terra. Cultivábase trigo, centeo, millo, viño, legumes, castañas e froitas. A finais desa centuria morrerá o último dos priores do Mosteiro. San Rosendo fundou Caaveiro hai mais de mil anos. A igrexa románica, a espadaña barroca, o sorprendente paisaxe das fragas do Eume, configuran alí un dos máis emblemáticos espazos de Galicia.

Cultura