Cabo Verde: moito máis que sol e praia

Cabo Verde: moito máis que sol e praia

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Turismo de natureza, cultural, rural, ecolóxico, son algunhas das ofertas que plantexan desde Cabo Verde como complemento aos visitantes tradicionais que buscaban unicamente sol e praia. O arquipélago que foi colonia portuguesa, quere desenvolver productos de luxo con prezos moderados, altamente competitivos no mercado.

A illa de Sae presenta unha oferta máis desenvolvida, pero tamén nas outras illas o sector medra a pasos axigantados. A proximidade entre as illas propicia os desprazamentos, segundo nos sinala o técnico turístico Pedro Santana. 

A hospitalidade dos caboverdianos é outro factor altamente competitivo. Contan cunha superficie de máis de 4000 quilómetros cadrados divididos en 10 illas volcánicas. As máis poboadas son as de Sae, Sao Vicente e Santiago.

Sociedade