Cada posto de traballo do Plan Acuícola será un negocio “ruinoso”, segundo ADEGA

Cada posto de traballo do Plan Acuícola será un negocio “ruinoso”, segundo ADEGA

11 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Martiño Fiz desbota o argumento de que unha macropiscifactoría de Pescanova no Cabo Touriñán suporía unha inxección de postos de traballo na Costa da Morte e pon como exemplo a industria no Cabo Vilán: “No seu aparcadoiro case non hai coches e nos seus tres turnos só traballan alí unhas 20 persoas, así que de centos de postos de traballo, nada de nada”. O representante de ADEGA vai máis aló e conclúe que a creación deses postos de traballo é un negocio “ruinoso”. O Plan de Acuicultura presentado por Alberto Núñez Feijóo contempla un investimento de 350 millóns de euros e a creación de 654 postos de traballo directos: “isto equivale a 535.000 euros investidos por posto de traballo, unha ruina”. E nada, segundo Fiz pode compensar que estrague o Cabo Touriñán, “que ten uns valores constrastados pola Rede Natura con moitas especies animais e vexetais de gran valor natural”.

Sociedade