Cada ves éche máis jrande

Cada ves éche máis jrande

31 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Cada ves éche máis jrande" afirmou esta mañá o veciño de Almieiras Adonis referíndose ao asalto vikingo que onte á noite viviron entre Fene e Ares, desde Limodre a Redes. Unha churrascada para máis de 1000 persoas e un vibrante concerto de Carlos Rey, Los Chavales, Superatones e Los Tigres dell Cañotas finalizaron unha xornada que comezou arredor das seis da tarde coa invasión por terra e por mar da localidade redeña.

Os de Limodre embarcáronse en lanchas de todo tipo e incluso a pé para invadir e tomar Redes. Alí atopáronse os piratas que con mangueiras e caldeiros de auga recibian aos invasores. Leváronse preso a un veciño da localidade ao que terán que liberar os naturais da vila a finais de agosto. A invasión serviu como disculpa para gozar das paisaxes das fermosas praias de Rio Castro, Almieiras, Coído e Río Sandeo, areais recónditos polos que o Concello de Fene se asoma á ría de Ares-Pontedeume.

Sociedade