Café con leito na selva de Esmelle

Café con leito na selva de Esmelle

10 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O escritor galego Alvaro Cunqueiro ambientou a súa novela “Merlin e Familia” na selva de Esmelle. O mago Merlín vive nunha fonda co protagonista da novela, Felipe. As referencias literarias son ferramentas utilizadas polo proxecto Esmelle para convertir esta parróquia rural de Ferrol en lugar de visita.

O proxecto Esmelle lanza neste outono a iniciativa Café con leito. Ofrecen hospedaxe nun dos 3 aloxamentos rurais que funcionan na zona ao prezo de 50 euros. Se se opta polo café con leito máis unha das actividades haberá que abonar 100 €. Neste caso ofrécense aos visitantes unha bicicleta en aluguer e ruta guiada durante 3 horas (Roda en Esmelle), unha ruta de sendeirismo (Camiña en Esmelle) e unha terceira proposta que inclue observación ornitolóxica e contemplación das estrelas (Observa en Esmelle).

Sociedade