Cal é o himno rock de Galicia?

Cal é o himno rock de Galicia?

05 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Se trocásemos “Os Pinos” de Pondal musicados por Veiga, por unha canción pop ou rock que representase a Galicia, cal sería? O “Miña terra galega” de Siniestro Total versionando a Lynyrd Skynyrd? O “Xirarei” de Xil Ríos? Seica “Un canto a Galicia” de Julio Iglesias? Ou o clásico “O Tren” de Andrés Dobarro? Será "Fai un sol de carallo" de Os Resentidos?Ter un himno pop non &eacut

Ata 21.000 veciños participaron na votación para escoller o tema oficial representativo da rexión dos chamados “sooners”, terra de colonizadores do 'Far West'. O tema gañador foi “Do you Realize?” da psicodélica banda de culto The Flaming Lips, que se impuxo a outras cancións tan célebres como “Heartbreak Hotel” de Elvis Presley.

Agora só resta que alguén na Xunta tome prestada a idea das autoridades de Oklahoma para que na investidura do vindeiro presidente autonómico os gaiteiros teñan a ocasión de tocar ritmos máis contemporáneos: os do rock oficial de Galicia.

Cultura