Caldeiras novas para a piscina municipal de Fene

Caldeiras novas para a piscina municipal de Fene

20 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Deportes de Fene recoñece que a auga da piscina de Centieiras está fría a pesar de que afirma que a temperatura está dentro dos límites recomendables. Rocío Bértoa explicou esta mañá que o problema se débe ao mal funcionamento das duas caldeiras que deben quencer a auga, así como aos deshumidificadores das instalacións. A solución pasa por instalar unhas caldeiras novas para o que hai que superar

Respondendo ás críticas lanzadas estes dias polo BNG e PSOE, Bértoa acúsaos de ter abandonado o mantenemento das instalacións mentras eles gobernaron e engade que o problema ven de anos atrás sen que se puxera remedio como pretende facer agora o goberno do PP.
 
A solución ao problema pasa pola compra de duas caldeiras novas e os deshumidificadores, cun presuposto que ronda os 100.000€. Para dispor deses cartos o pleno debe facer unha modificación de crédito. A todo iso hai que engadir un problema de acceso para meter as caldeiras no interior das instalacións porque non entran. Así que o concello debe acometer unhas obras para permitir o acceso da maquinaria.

O que queda no aire é se todos estes inconvenientes poderán solventarse no presente curso. Agradeceu a paciencia do personal de Sedega e Eulén que deben facer de intermediarios cos usuarios que teñen presentado escritos de protesta pola frialdade da auga.

Sociedade