Caldo de gloria

A cea de Rosalía celébrase no Seixo (Mugardos) o sabado 28 de setembro.
20 de Setembro, 2019 - 02:20 h. | Publicada por Radio Fene

Os organizadores da "Cea de Rosalía" no Seixo pregan aos comensais que acudan vestidos de época, con traxes populares ou de gala, pero do século XIX.

A "cea de Rosalía de Castro" celebraráse no Seixo en Mugardos o sábado 28 de setembro. Serviránse pratos citados pola escritora na súa obra (caldo de gloria, compango de porco, patacas asadas e proia) e os organizadores pregan ás persoas asistentes acudir con roupas e vestidos do século XIX.

A "Cea de Rosalía" xa se celebrou o ano pasado contando cun notable éxito de público (na imaxe, asistentes á cea no 2018). Na edición deste ano contaráse coa presencia do presidente do Padroado de Rosalía de Castro Anxo Angueira. Ademáis realizaráse a pre-estrea do documental "Seixo" no que se aborda a vinculación da escritora coa ría de Ferrol en xeral e con Mugardos en particular.

O evento comenzará o sábado 28 de setembro ás nove da noite na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega do Seixo. As persoas interesadas en acudir deben ingresar o importe do menú (22 euros por persoa) antes do martes 24 de setembro ás 20 horas na conta de Radiofusión ES44 2080 0224 7130 4000 7280. Despois deben enviar o nome dos comensais ao correo radiofusionga@gmail.com

Cultura

Publica o teu comentario agora