Calidade arriba e contundencia atrás

Calidade arriba e contundencia atrás
19 de Decembro, 2023 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

Goleada no Ramo. Barallobe 5-0 Cariño. “Estamos encontrando o Barallobre que queríamos”, felicítase o adestrador Borja Mesa.

ESCOITA O PODCAST:

“Moi contento polo resultado e polo nivel que deu o equipo”, explica en Radio Fene, coa voz tomada por causa “da celebración dos tres puntos e a xeada no Ramo que era contundente”. “Non pasamos apuros, agás nos quince minutos que eles levaron o ritmo, fomos quen de aguantar ese envite”. “Estivemos moi cómodos” “O equipo está nunha dinámica moi boa, temos moita calidade arriba que definen o partido e contundencia atrás”. 

Deportes

Publica o teu comentario agora