A calidade cítase en San Valentín

A calidade cítase en San Valentín

10 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O torneo de fútbol sala sub 16 de San Valentín (Fene A Coruña) respirou calidade por todos os seus poros. Unha final vibrante e fascinante entre Ferrol e Lugo demostrou ás claras o gran viveiro futbolístico de Ferrolterra. O equipo gañador, -o local- recolleu un premio en metálico de 400 euros mentras que o finalista levouse para a cidade das murallas 100 euros. Nos dous conxuntos figuraban xogadores da categoría cadete do Racing de Ferrol, Cidade de N

A canteira futbolística de Ferrolterra demostrou a súa técnica e talento en San Valentín. Por segundo ano consecutivo organizouse na pista polideportiva desta parroquia de Fene o torneo de fútbol sala sub 16 para xogadores entre 11 e 16 anos. O primeiro dia, o xoves, a choiva e as tronadas convertiron, por momentos, a práctica deportiva nunha actividade heroica. Pero nunca choveu que non escampara e o sol presidiu todos os partidos que se celebraron na xornada do venres. A final xogouse ás oito da tarde cunha gran asistencia de público que gozou dun encontro con emoción e con fútbol sala de calidade. Ao remate a victoria quedouse na casa: Ferrol 5 - Lugo 3.

Deportes