A calidade dos produtos galegos, protagonista de deCÁTAte

A calidade dos produtos galegos, protagonista de deCÁTAte

21 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Baixo o nome de deCÁTAte arrinca a esta hora en Compostela, un programa de formación para dar a coñecer os produtos galegos. Componse de varias catas, para promocionar as diferentes denominacións de orixe galegas e os diferentes modelos produtivos desde os seus inicios até o seu depósito nos andeis das tendas. Haberá catas de queixos, de aceite e de mel, ademais dunha de viños dentro da campaña de promoción dos viñ

Entre os obxectivos de deCÁTAte, ademais da formación, porase en relieve a calidade dos produtos galegos e o esforzo que leva aparellada a súa produción. Segundo explicou en Radiofusión, o técnico da rede, Modesto López, “no Ano Internacional da biodiversidade, hai que facer fincapé que moitos productos non terían esta calidade senón se deran nun ecosistema determinado e propio do nosos clima”.

Durante estas xornadas, que se prolongarán ata o 12 de novembro, os expertos explicarán o proceso de elaboración de cada alimento desde que se produce polo animal ata que os mercamos nos supermercados e ultramarinos. Ensinaranse as diferenzas de calidade, compoñentes e contidos dos produtos.

Estas actividades son gratuítas, agás a cata de viño, que terá un custe de 50 euros as tres sesións. Todas as actividades teñen prazas limitadas ata 25 persoas. Para inscribirse, hai que contactar con cada centro sociocultural de Santiago onde teñen lugar as catas.

Unha primeira edición que terá continuidade no futuro, asegurou Modesto López, “repetiremos productos e tentaremos incorporar outros novos”. 

Sociedade