Callos de verán en San Xoan de Piñeiro-Mugardos

Callos de verán en San Xoan de Piñeiro-Mugardos

13 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia de San Xoan de Piñeiro - Mugardos- celebra o sabado 14 de agosto a súa festa dos callos, un encontro que se vén celebrando dende hai 3 anos e que pouco a pouco vai reunindo a máis e máis xente. Unhas 500 racións pensan repartir dende as 8 da tarde no campo da festa, ao aire libre.

A festa comezará mañá a partir xa do mediodía e se prolongará durante toda a xornada. A xente poderá visitar as exposicións e demostracións artesanais. As previsións para este ano son boas segundo indica o secretario da Asociación de Veciños de San Xoan de Piñeiro, Genaro Prieto. Unha experta cociñeira, hoxe retirada, será a encargada de cociñar os callos repartidos en catro potas.

Pero non só os callos serán os protagonistas en San Xoan, a música e o entretemento para todas as idades tamén teñen o seu oco na festa. A xornada rematará coa verbena.

Sociedade