A camelia, raíña das flores

A camelia, raíña das flores

22 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Congreso Internacional da Camelia achegarase á comarca de Ferrol no ano 2014, tamén polo mes de marzo pero dentro de dous anos. Achegaránse a Narón dentro de dous anos afeccionados á camelia de Asia (China) ou de Inglaterra. É unha das novas que desvelou o presidente da Asociación Galega da Camelia, Tomás Casal, esta mañán na nosa emisora estamañán.Acudíu a falar da VIII Mostra da Camelia que o sabado e doming

Na 8ª edición da Mostra da Camelia de Narón esta fín de semana, haberá un posto de venda da planta, segundo manifestou o presidente da Asociación Galega da camelia, Tomás Casal. Porque un dos obxectivos da exposición é divulgar esta árbore e que a xente prante un camelio na sua horta.  Maís de 30 expositores e outras iniciativas conformarán a cita no centro comercial Odeón.O presidente da federación galega, ensalzou a afección á camelia no concello de Fene. Puxo de exemplos,  Viveiros Moreira ou a finca do ex alcalde e ex presidente da asociación, Rivera Arnoso, quen aglutina ata 600 especies. Na Mostra da camelia deste ano están previstos ata seis premios.

Coincidindo coa mostra, a AGC edita o nº 4 da revista “Camelicultura” que ofrece unha ampla información das actividades da asociación, unha ampla reportaxe sobre a Mostra Cidade de narón do ano pasado ou a entrevista ao cultivador de Sillobre- Fene, Evaristo Moreira.

Sociedade