Camiñada pola veiga

Camiñada pola veiga
21 de Xaneiro, 2019 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

No lugar da Veiga en Cabanas atópase a área recreativa e deportiva do municipio. Pola zona discurre o camiño inglés entre Ferrol e Santiago de Compostela. Foi o destino dunha camiñada de nove quilómetros organizada polo Concello.

Camiñada pola Veiga. Concello de Cabanas

A choiva non foi impedimento para que os 70 veciños e veciñas dispostos a descubrir ou redescubrir a Ruta pola Veiga organizada polo Concello de Cabanas completasen no día de onte os 9 quilómetros previstos. Era a primeira do calendario de rutas de sendeirismo deseñado pola Concellería de Deportes para dar a coñecer o rico patrimonio natural do municipio. As camiñadas guiadas, celebraranse cada mes ata maio e a seguinte será a Ruta polas Fragas do Eume-Zona de Soaserra.

Cultura

Publica o teu comentario agora