Camiñando cara o alen

Camiñando cara o alen
05 de Marzo, 2020 - 12:51 h. | Publicada por Radio Fene

Camiñando cara o alén. Romeiros polas terras do solsticio. A Sociedade Agarimo e a asociación cultural Ferrolterra Antiga organizaban unha camiñada para o sábado vinte un. Iase visitar o cemiterio de Sillobre, as mámoas de Marraxón, o cruceiro do Ameneiro, capela de Santo San Marcos, Fonte dos Mouros e igrexa de Santa Mariña. Estaban apuntadas cincuenta persoas, pero a actividade naturalmente quedou suspendida. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

Íanse visitar os dous cruceiros da parroquia, elementos do patrimonio galego, segundo Antonio Casal da asociación Ferrolterra antiga. Un deles é o cruceiro do Ameneiro, sito ao pé da estrada que se dirixe a Lavandeira nas proximidades de San Marcos. O avó de Evaristo Moreira, chamábase Ramón Soto e viñera de Naraío. Morreralle a muller moi nova e él tampouco chegou a vello. Deixou no testamento a encarga de levantar un cruceiro ao pé da estrada e os seus herdeiros cumpriron a manda en 1942. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora