Camiño da vitoria

Camiño da vitoria
21 de Xaneiro, 2019 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre volveu coller o camiño da vitoria no torneo da regularidade. Na Segunda Galicia de fútbol, Estrella 1 – 2 S.D.Barallobre. “Adiantouse o Barallobre a través de Garecho, pero logo eles lograron empatar nunha falta e tiveron uns bós minutos no que crearon ocasións de gol. Nos últimos cinco minutos, os dous equipos fomos polo partido e Óscar logrou o gol” manifesta o técnico do Ramo Óscar Varela.

ESCOITA O PODCAST:
Óscar Pereiro, autor do segundo gol da S.D.Barallobre

O Barallobre espera manter esta dinámica ainda que a vindeira xornada visita ao Capela no complicado campo dos Calzados. “Será un dos partidos máis importantes e complicados da liga” adianta Varela.

Deportes

Publica o teu comentario agora