As campás de Sillobre voan

As campás de Sillobre voan

11 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O campanario da igrexa parroquial de Sillobre lanza ao voo o tañido das campás para lembrar á veciñanza como se avisaba antano dos acontecementos máis importantes. Ata 18 toques e repeniques diferentes, tal e como se facían antigamente, escoitaránse en Sillobre mañá sabado día 12 ás 12 do mediodía. Festa, morte de home ou muller... e así ata 18 maneiras de comunicar aos parroquiáns. O de campaneiro é

Para facer soar as campás Sillobre teñen ao que foi monaguillo da parroquia no ano 1953, Julio López Allegue. O seu mestre coas campás foi Manolo Padín, o anterior monaguillo.

A iniciativa da asociación veciñal e de Agarimo inclúe unha visita guiada ao campanario, o interior da igrexa de Santa Mariña e os arredores do templo. Mesmo cabe a posibilidade de quedar a xantar polbo ás duas da tarde.
Segundo nos contou Julio López, quen estea un pouco antes das doce na igrexa daránlles unha explicación dos toques que van escoitar de seguido.

Mañán repartirase unha publicación escrita polo propio Julio Lopez sobre o son das campás de Santa Mariña.

Sociedade