A campaña da gripe comeza con protestas

A campaña da gripe comeza con protestas
16 de Outubro, 2018 - 11:43 h. | Publicada por Radio Redondela

A vacinación da gripe vaise ofertar por primeira vez ó persoal do SERGAS  antes do comenzo oficial da Campaña da Gripe 2018. Así, esta semana, todo o persoal da Xerencia pódese vacinar para afrontar o inicio da campaña xa protexidos fronte a esta enfermidade. É una medida máis para evitar o posible risco de transmisión da gripe ós pacientes. Ademais, nunha aposta pola importancia que nesta campaña ten a vacinación dos sanitarios, distribuiranse entre o persoal vacinado unhas chapas co lema Eu vacineime. E ti?, que amosan o compromiso do profesional coa vacinación. A Campaña da Gripe para a poboación comezará o luns dia 22.

Protestas na sanidade

"Reforzar os centros de saúde -PAC- con máis personal. Ese é o obxectivo da Folga que se iniciou esta mañá, abandeirada polos sindicatos con representación na mesa sectorial da sanidade. Os sindicatos que convocan a folga son CCOO, UGT, CIG, CSI-F, SATSE e CEMS-O'mega. Denuncian uns servizos mínimos que xulgan abusivos: o Sergas fixounos no 100 %, cifra que considera a mínima imprescindible para atender as urxencias.

As organizacións sindicais din que, se é necesaria a participación de todo o persoal dispoñible para atender dun xeito imprescindible as urxencias, é que as súas queixas están fundamentadas e que cómpre refozar os PAC con máis persoal. A folga nos PAC terá lugar os días 16, 19, 23, 26 e 30 de outubro, así como os días 2, 6 e 9 de novembro. Tamén, folga de 24 horas, a partir das 8 da mañá, os domingos 21 e 28 de outubro e 4 e 11 de novembro.

O Consello Galego de Colexios Médicos tamén se queixan da disminución da calidade na asistencia sanitaria. Indican que non é posible ofrecer a atención apropiada, a que o paciente necesita, con cupos de 1.500 persoas e 450 cidadáns maiores de sesenta e cinco anos. "Hai consultas con 40 ou 50 enfermos nunha mañá, o que impide poñerse de lado do paciente" denuncian.

Sociedade

Publica o teu comentario agora