Campión

Brais Pazo proclamouse campión galego de minimotard 65 2019
07 de Outubro, 2019 - 09:41 h. | Publicada por Radio Fene

Brais Pazo venceu na proba de Forcarei o domingo.

O xove alumno do Colexio O Ramo de Barallobre Brais Pazo, de dez anos de idade,  logrou o campionato galego de minimotard 65 2019, tras vencer na carreira celebrada este domingo no circuito de velocidade A Madalena en Forcarei. Son motos de sesenta e cinco centímetros cúbicos de dous tempos. Xa se proclamara campión galego MiniGP 2018 en 110 centímetros cúbicos e Campión do Motorace Challenge. Noraboa a Brais Pazo, campión galego 2019.

Deportes

Publica o teu comentario agora