Campións

Campións
03 de Decembro, 2018 - 09:05 h. | Publicada por Radio Fene

“Seguídesme a mín, en liña recta e sen desviarvos” afirma Javier Gutiérrez no comezo do trailer da película “Campións”. El adestra a un equipo de baloncesto de persoas con discapacidade. Vai rematar a longametraxe aprendendo moito dos seus xogadores.

Exposición sobre a discapacidade no Colexio O Ramo de Barallobre

O Centro Ocupacional de Aspaneps en Perlio Fene tamén está formado por “campións”. A semana pasada protagonizaron a xornada “Ponte no meu lugar”. A xente do Colexio O Ramo de Barallobre montouse en cadeira de rodas e comprobaron as dificultades ás que se ten que enfrontar diariamente unha persoa con discapacidade. Aproveitaron a visita ao centro educativo para inaugurar unha exposición arredor da igualdade e da diversidade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora