Campionato do mundo de cambio de rodas

Campionato do mundo de cambio de rodas

22 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Quen non sudou tinta china ao comprobar o pinchazo dunha roda do coche? Eu sempre escapei do cambio de rodas, como alma que leva o diaño. A impericia, a falla de forza para sacar a forza, a escasa precisión á hora de colocar o gato, son só algúns dos atrancos que se presentan no camiño. Pero nada diso semella que pon medo aos participantes no campionato do mundo de cambio de rodas. En Maniños Fene (A Coruña) celébrase a quinta edición o d

E unha das probas da macrofesta do Motor, organizada pola Escudería Scracht Fene. Haberá ademais exposición de vehículos clásicos e de competición, mostra de motos clásicas e demostracións de rali slot, radio control e carreira de carretillas. Simultaneamente disputase o Terceiro Campionato Galego de trompos e o primeiro campionato continental de aparcamento express. A macrofesta do Motor é un evento consolidado que alcanza a súa quinta edición e que congrega anualmente a milleiros de afeizoados nas instalacións do Pote en Maniños. As exhibicións comezarán ás doce do mediodia e se prolongarán ata as dez da noite.

Sociedade