Can Valentín. Amor amores

Can Valentín. Amor amores.
19 de Xaneiro, 2021 - 02:02 h. | Publicada por Radio Fene

Radio Estrada lanzou o IV Concurso de cartas de amor CAN VALENTÍN baixo o lema “Amor Amores”

Poderán concursar todas as persoas matriculadas no ensino primario e secundario, así como todos os adultos que o desexen. As persoas participantes deben enviar un texto inédito, escrito en prosa ou en verso, en língua galega sobre o tema “amor” ou “amores”, o amor en todas as súas facetas e cunha extensión non superior a 20 liñas escritas a man. Haberá que presentar o texto baixo pseudónimo reflexado na parte superior do texto, en man ou por correo, en Radio Estrada. Avenida Benito Vigo, 94, baixo. 36680. A Estrada. Pontevedra.

O prazo de presentacuión pecharase o15 de febreiro. Establecéronse cinco categorías: A. 1º, 2º e 3º de primaria. B. 4º,5º e 6º de primaria. C. Alumnado da ESO. D. Alumnado de bacherelato e E. Adultos. Terán premio as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría. Os premios consistirán en material escolar ou deportivo, doces, tarxetas agasallo de ACOE, restaurantes ou turismo rural…

(Na imaxe, mural das Meninas de Canido. Ferrol)

Cultura

Publica o teu comentario agora