Canadá e Noruega interésanse polo Cantabria

Canadá e Noruega interésanse polo Cantabria

16 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Canadá e Noruega interésanse polo buque de aprovisionamento en combate “Cantabria”. Navantia presentará ofertas para os dous paises tendo en conta ás súas necesidades. A empresa pública da por feito que, de concretarse algún dos dous contratos, o buque construiríase en Ferrol, e realizará a finais deste mes unha presentación en Noruega das características técnicas do barco, xa coas adaptacións realizada

Noruega adoptará unha primeira decisión sobre o contrato do seu buque de aprovisionamento a comezos do vindeiro ano. Desvelará daquela a lista corta de estaleiros, aquelas factorias que contan con máis opcións. O importe do pedido podería alcanzar os 150 millóns de euros.

Os estaleiros españois parten coa ventaxa da construcción de 5 fragatas para o país nórdico, un programa que se levou a cabo desde hai unha década con plena satisfacción para Noruega. O Cantabria conta con 174 metros de eslora por 23 de manga. Construiuse nos estaleiros de Puerto Real en Cadiz, entregandose á Armada Española en xullo do 2010. Trátase dun buque de aprovisionamento loxístico pertencente á Armada Española, utilizado para o suministro de combustible, víveres, pertrechos, munición e repostos ao resto da flota. Conta cun hospital a bordo. A dotación é de 122 persoas.

Sociedade