Cancións para analisar os roles de xénero, en San Sadurniño

Cancións para analisar os roles de xénero, en San Sadurniño

28 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Alumnado do CPI de San Sadurniño participaron esta mañá na representación da compañía Chévere "I'll be watching you", un proxecto que analisa os roles de xénero a través da música e o teatro. A representación de "Hei estar vixiándote" é un espectáculo pedagóxico, lúdico e musical que analisa os roles de xénero a través das cancións de amor na busca

O alumnado de 3º e 4º da ESO de San Sadurniño asistiu este martes á representación desta obra da compañía Chévere coa que se busca reforzar o espírito crítico e unha maior conciencia sobre a necesidade de previr situacións que poden desembocar na violencia de xénero.
.

Os dous compoñentes de Chévere métense na pel dunha cantante e un músico de pachanga que, entre peza e peza, nos lanzan a súa análise das relacións de parella, do home e/ou da muller ideal, do modelo de home e de muller, do namoramento, da paixón, dos ideais románticos, dos ciumes, da posesión e da sempre perniciosa dependencia. Trátase de cancións que expresan a historia emocional dunha xeración, que evocan os inicios no mundo das relacións amorosas, que educan o comportamento afectivo e que, en moitas ocasións, están transmitindo valores que fomentan a desigualdade entre homes e mulleres e perpetúan os prexuízos sobre hábitos sexuais ou favorecen falsos ideais románticos.

A representación I´ll be Watching You enmárcase no acordo de colaboración entre a Vicepresidencia da Xunta -a través da Secretaría Xeral da Igualdade- e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta en marcha de diversas actividades que teñen como obxectivo fomentar o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación -sobre todo á máis nova- e promovendo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto e na igualdade.

Sociedade