Candidato Juventino Trigo

O BNG de Fene podería ter dúas candidaturas, afirma o seu candidato, agradecido ás persoas que aceptaron ir na candidatura
02 de Maio, 2019 - 09:11 h. | Publicada por Radio Fene

O mapa das eleccións locais do 26 de maio non varía moito en Fene. Preséntanse de novo cinco candidaturas. O BNG vése ben situado na liña de saída.

ESCOITA O PODCAST:

A candidatura do BNG foi dada a coñecer por entregas a través da rede, unha orixinal maneira de presentar aos candidatos e candidatas nacionalistas que son novos nun tercio da lista. “O BNG podería ter dúas listas” afirma un Juventino Trigo, orgulloso da facilidade coa que se lle brindaron os seus candidatos e candidatas, o que a outros lles custou moito máis esforzo. Insiste Trigo en que todos viven e traballan en Fene e son “xente solvente e preparada”.

“Este foi un ano perdido” asegura o candidato do BNG á alcaldía de Fene, en referencia ao goberno que lle arrebatou o mando. Como ter gobernado é un grao, o candidato nacionalista recita rápido as prioridades dun programa electoral que pasaría por “liberar de corrupción e dar transparencia á acción de goberno”. Dá importancia Trigo aos Plans municipais de emprego e ao fomento da língua e cultura galegas ou a rematar a reforma do PXOM.

“Rapar silveiras non é política” afirma intencionadamente o candidato nacionalista. Si lle preguntan a Juventino Trigo con quen pactaría en caso de necesitalo, el opta por citar cos que nunca o faría.

Sociedade

Publica o teu comentario agora