Cando carecíamos de zonas verdes

Cando carecíamos de zonas verdes
29 de Agosto, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A carencia de zonas verdes en Fene moveu á Corporación elixida en 1983 a deseñar un plan de parques. Queríase dotar ao territorio de áreas de esparcemento onde puidera xogar a rapazada. O primeiro en executarse foi o xardín do Monumento ao Camiñante Descoñecido. Logo chegou o xardín ubicado ao pé do apeadeiro de Perlío

Xardín Luís Seoane de Perlío. Acto de inauguración.

O xardín Luís Seoane de Perlío inaugurouse o 10 de xuño de 1984. A actuación formaba parte dun plan de xardíns onde se incluíron o do Camiñante Descoñecido de Barallobre e o Blanco Amor de Magalofes. Proxectábanse tamén en San Valentín, no Pazo de Barallobre e na Praza do Concello. Indicábase daquela que o casco urbano de Fene carecía de zonas verdes. No acto de inauguración actuaron de xeito conxunto grupos de baile da Liga de Amigos de Barallobre, CPS de San Valentín, Círculo de Fene, Pombas Brancas de Maniños, Asociación Veciñal de Magalofes e Círculo de Perlío. Asistiron membros da Corporación e representantes das sociedades do Concello.

 

(Na fotografía, os concelleiros César Martínez Yáñez e Xoan Sendón e o aparellador Mario Laxe, entre outros asistentes ao acto)

Sociedade

Publica o teu comentario agora