Cando e como acabará o curso escolar

Cando e como acabará o curso escolar
06 de Abril, 2020 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

Descoñécese neste momento como e cando acabará o curso escolar no IES de Fene. O dia 11 de abril reúnense en Madrid as comunidades autónomas e poderían tomar algunha decisión ao respecto.

ESCOITA O PODCAST:

A principal preocupación dos país e nais do alumnado do IES Fene ao principio desta crise eran as tarefas a facer na casa. Neste punto, o director do centro de Barallobre fai autocrítica e recoñece que quizás se excederon porque o alumnado necesitaba habituarse ás clases telemáticas. Daniel Bogo afirma que isto se correxiu organizando mellor as tarefas e dandolles tempos máis flexibles. Pero o maior problema ao que se enfrenta o centro de Barallobre, como moitos outros, é a brecha dixital. A maioría das familias do IES de Fene teñen equipos e conexión a Internet, pero hai un número moi significativo de familias que non. Son máis de 400 alumnos e alumnas no instituto de Fene. A Xunta envioulles tres equipos, o centro puxo outros á súa disposición pero iso non é suficiente.

No centro de Barallobre vaise turnando o profesorado para que haxa sempre quen atenda as chamadas dos país e nais ou do profesorado e alumnado. Hai unha comunicación telefónica e por correo, contínua. As dúbidas das familias e do profesorado sobre como vai acabar este curso, son comprensibles, declara Bogo, quen non pode ofrecernos ningunha solución de momento. A día de hoxe non disponen no instituto de máis información que esta, o día 11 de abril está programada unha xuntanza en Madrid de todas as comunidades autónomas, e probablemente aí se tome unha decisión de cando e como rematar o curso, qué criterios se seguirán para facer as avaliacións. De momento, declara Daniel Bogo “non se contempla ampliar o curso máis aló do 30 de xuño.

Cultura

Publica o teu comentario agora