Cando o director dun banco era "alta nobreza"

Cando o director dun banco era "alta nobreza"
05 de Decembro, 2019 - 01:44 h. | Publicada por Radio Fene

“Atranco no banco “ non é a primeira comedia deste autor. Manuel Núñez Singala xa ten publicado en 1990 “O achado do castro”, en 2007 “Comedia bífida” e en 2009 “Planificación estratéxica”. En 2019 saca do prelo en Editorial Galaxia Atranco no banco, unha comedia disparatada.

ESCOITA O PODCAST:
Manuel Núñez Singala en Radio Fene Radiofusión

O argumento orixinouse en 2011 cando Manuel Núñez veu unha nova que falaba da detención dun director dunha sucursal bancaria en Vitoria, cando intentara atracar a súa oficina co seu cuñado. O escritor lembra que na súa xuventude o director dun banco era "case alta nobreza".
O teatro é áxil, dinámico, potencia a imaxinación e é quen de emocionar fondamente. Pódese asistir á súa representación ou falar con el na intimidade da lectura. Convidamos á audiencia a botar unhas risas lendo este libro “Atranco no banco”. Falamos del no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora