Cando os poetas calaron,...

Cando os poetas calaron,...

13 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Cando os poetas calaron, Imeldo Corral compuxo poemas encol do lenzo coa sinxeleza inxénua das cantigas aldeás”. As palabras do poeta vangardista Manuel Antonio definen as obras dun artista comprometido coa paisaxe. Aproveita a forza evocadora dun ambiente bravo e nórdico cun cromatismo libre.

O galeguismo das primeiras décadas do século XX reivindicaba a intensidade e singularidade da paisaxe da terra. Nesa corrente inscríbese o pintor ferrolán, que asina os seus cadros como “Imeldo Corral Galicia”.
A mostra “Imeldo Corral. Paisaxista das Irmandades” pódese visitar ata o 11 de xaneiro do 2014 na Fundación Novacaixagalicia de Ferrol. Paralelamente organízanse obradoiros sobre a pintura da paisaxe para nenos e adultos. Ofrécense visitas comentadas, todos os xoves ás oito da tarde. Para reservas no teléfono 981 330280.

Sociedade