Cando a realidade supera á ficción

Cando a realidade supera á ficción

20 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A filla de Lucia Etxebarría, Allegra, realmente ten unha soa orella. A escritora elaborou un conto para defender diante do mundo a necesidade de respetar, comprender e dialogar coa diferencia. Adiantouse ás preguntas que supoñía lle ian presentar á rapaza na escola e no parque. A autora de Amor, curiosidad, prozac y dudas, explicouno así no Teatro Jofre de Ferrol, no acto de presentación da curtametraxe A nena que tiña unha soa

Unha vez máis comprobamos que a realidade supera á ficcion. Parecería que nos atopamos diante dunha parábola para a defensa da tolerancia, e en realidade chocamos con algo moito máis sinxelo. Unha nai elabora un discurso de defensa do seu ser máis querido.

Alvaro León mistura técnicas de animación (sombras chinescas, stop motion, 3D) coa imaxe real (a nena e a peixeira) e logra unha curtametraxe moi plástica, un conto moi visual, unha obra de ver e tocar. Non necesita palabras para explicar en 13 minutos unha historia. A pesar de non ser certo, case podería parecer que unha imaxe val máis que 1000 palabras.

Sociedade