Cando Roman Polanski visitou Galicia

Cando Roman Polanski visitou Galicia

03 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O director de cine Roman Polanski saltou á actualidade esta semana a raíz da súa detención en Suiza. A actuación policial produciuse en virtude dunha demanda de Estados Unidos, pais donde está acusado de ter cometido a violación dunha menor. Polanski visitou Ferrol hai 15 anos.

Eran os últimos dias de abril e os primeiros de maio de 1994. Unha productora cinematográfica francesa ocupou ao completo o Parador de Turismo de Ferrol. Aloxáronse ali Román Polanski, Sigourney Weber e Ben Kingsley. Nos acantilados de Meirás en Valdoviño rodaron os exteriores dunha película que narra a relación entre un torturador do réxime de Pinochet, unha muller detida e o seu home descorazonado.

En 1994, o profesor de cine da Universidade de Santiago Angel Hueso falou da filmografia de Polanski. Segundo as súas palabras , os problemas envolven ás persoas dunha maneira moi radical. No seu cine, realízase o estudo das persoas atormentadas.

Román Polanski coa "Morte e a doncela" mantívose na súa liña tenebrista e de suspense. O seu éxito definitivo chegaría anos máis tarde co "Pianista" que acaparou o eloxio unánime da crítica e do público, e logrou un Oscar.

Sociedade