Cando un busca un Xan, case sempre atopa un Pedro

Cando un busca un Xan, case sempre atopa un Pedro

20 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García,  asistiu ao concerto “Rosalía Pequeniña” na Casa da Cultura de Fene. O concerto de Uxía e Segio Tannus non se conformou con encher o espacio cultural fenés, senón que o convertíu nun salón de baile onde participou todo o público. A cantante tivo que facer un bis co poema "Xan" de Rosalía de Castro.

Non só se encheu a casa da Cultura de Fene para escoitar a Uxía Senlle e Sergio Tannus, senón que parte do público, maioritariamente nenas, subiron ao escenario, cantaron con ela, fixeron coreografías e bailaron ao son das cancións. Uxía marchou sorprendida de que tantas rapazas coñeceran as cancións do disco “Rosalía pequeniña”. Os pais e nais participaron activamente dando palmas, cantando e bailando rock cando foi preciso.

O espectáculo transcurríu na casa da Cultura de Fene ante a presencia do Alcalde, Gumersindo Galego e a Concelleira de Cultura, Rocío Bértoa. Con eles o Secretario Xeral de Política Lingüística,  Valentín García.                        
Uxía anunciou que aínda lle quedan 20 concertos de presentación do Libro-Disco “Rosalía Pequeniña” editado por Galaxia e cuxos concertos en directo promove FalaRedes, a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Sociedade