Canido celebrá as Meninas o 7 de setembro

Canido celebrá as Meninas o 7 de setembro

01 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O artista plástico, Eduardo Hermida, da unha charla mañá martes no Ciber de Mao na Avda do concello de Fene onde estes dias podemos ver a sua exposición “Silencios”. Hermida confirmou en radio Fene que xa está todo listo para o Dia das Meninas de Canido que se celebrará o dia 7 de setembro.

Entre 50 e 60 pintores participarán na edición deste ano e en total unhas 200 persoas dispostas a traballar por manter esa cita no barrio ferrolán. Tamén hai paredes. Só faltan os cartos, segundo apunta Hermida, que confía no apoio do Concello de Ferrol.

O pintor de Canido falará, mañán martes 2 de xullo, no Ciber de Mao, sobre a exposición que ten colgada neste local expositivo. Segundo adiantou Hermida en RF esta mañá, esta mostra fórmana os obxectos comúns que o rodean e inflúen a diario no momento creativo. Eduardo Hermida mañá en Fene, no Ciber de Mao ás  20,30 h.

Sociedade