Cans de rescate

Cans de rescate
26 de Outubro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Cans que axudan. A Unidade Canina Búsqueda Rescate Daterra-K9 é unha asociación sen ánimo de lucro creada en Narón. Das súas actividades e obxectivos falamos co voceiro da entidade, David Iglesias, no espazo Radio Animal

ESCOITA O PODCAST:

“Axudar” é a principal finalidade destes amantes dos cans. “O principal obxectivo é organizar, preparar e soster ao grupo destinado ao traballo de procura con cans, estamos formándonos para chegar a ser unha unidade operativa, adestrar por se algún día é precisa a nosa axuda”, indicou.

Este adestrador e instrutor canino que completa a súa aprendizaxe formándose cun perito xudicial. Os xulgados requiren como peritos a estes especialistas “na investigación de casos nos que hai mordida”. David Iglesias asegura que é perfectamente posible a convivencia de cans e bebés. Defende que adoptar un can axuda a dous. Ao que vai para casa e ao que lle queda un oco na Protectora. E ante a proximidade da campaña de agasallos de Nadal lembra que os animais non son xoguetes.

Sociedade

Publica o teu comentario agora