ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O II Ciclo de Músicas Portuarias chega mañá sábado á súa fin. Logo do paso por Ferrol de Fred Martins e Uxía, tócalle a quenda á cantante bretoa Nolwenn Korbell. O concerto, cuxas entradas custan 10 euros, celebrarase a partir das nove e media no Teatro Jofre.
Ferrol converteuse na capital das músicas mariñeiras. Os sons nacidos na tabernas dos peiraos puxeron banda sonora á cidade durante semanas, pero mañá sábado o ciclo se despide cun roteiro en barco pola ría e o concerto de Nolwenn Korbell.
O peirao de Curuxeiras acollerá ás seis da tarde o último cruceiro musical da tempada. A música en directo dos dúos Clonmela, Verdegaio e Salix Alba amenizará unha viaxe en barco na que se poderá gozar da vista das baterías da Graña, os castelos de San Felipe e A Palma, as ruínas de San Cristovo ou os estaleiros.
Xa pola noite, Nolwenn Korbell será a encargada de pórlle o punto e final ao Segundo Ciclo Músicas Portuarias. Korbell é unha artista francesa, da rexión de Bretaña, capaz de enfundarse en diferentes peles: cantante, compositora, actriz, autora e estrela televisiva. Non obstante, nos últimos tempos decidiu antepoñer a súa carreira musical á súa traxectoria enriba das táboas. Os interesados en descubrir ao vivo o seu último disco, Rojo, teñen unha cita no Teatro Jofre a partir das nove e media, nun espectáculo que ten un prezo de 10 euros.