A canteira das bandas populares de música fórmase en Compostela

A canteira das bandas populares de música fórmase en Compostela

03 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Como “o acontecemento musical do verán” describen desde a Federación Galega de Bandas Populares o campus que se está a celebrar en Santiago. Máis dun cento de alumnos – a meirande parte deles galegos, pero tamén algúns chegados de distintas comunidades autónomas- amplían os seus coñecementos nas especialidades ligadas ás bandas de música

O Campus Musical inclúe clases individuais, grupos de cámara, acompañamento de piano, concertos e a posibilidade de participar coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares. Ao longo da fin de semana existen tres posibilidades para coñecer o traballo destes interpretes. O primeiro no Auditorio de Galicia, escenario que acolle ás oito desta tarde un concerto dos alumnos. A música chegará despois ao casco vello da capital galega con concertos de cámara na praza da San Martín Pinario mañá sábado e no Toural o domingo. O prato forte do programa chegará o domingo co concerto de clausura da Banda do Campus, que se celebrará ás oito no Auditorio de Galicia.

Cultura