A canteira de Airiños de Fene

O alumnado das escolas da Banda Airiños de Fene pasan a reválida o sabado no CMI
06 de Xuño, 2019 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

40 rapaces e rapazas estudan nas escolas da Banda Airiños de Fene, en todas as modalidades ofertadas. Airiños de Fene ultima un novo espectáculo e un novo disco.

ESCOITA O PODCAST:
airinos2019

O sabado 8 de xuño actúa no escenario do CMI Unidade de Fene o alumnado das escolas da Banda Airiños de Fene. Ofrecerán desde as 20.00h un espectáculo no que interveñen todas as alumnas e alumnos. Completaráno os grupos nacidos nesas escolas: Cambadela, de baile e Trapeliñas, que é a escola-sección de cantareiras. O presidente de Airiños de Fene, Valentín García Modrón, falounos do festival do sabado que será o sexto. Máis de 40 alumnos estudan nas escolas de Airiños de Fene, en calquera das súas modalidades de canto, baile, gaita ou percusión.

Novo espectáculo e novo CD

García Modrón adiantounos que Airiños de Fene quere estrear o novo espectáculo no mes de xullo e que están empezando a gravar un novo disco que queren ter nas mans en setembro.

O CMI Unidade de Fene acolle este sabado 8 de xuño os actos da temporada de verán, coa apertura das piscinas e unha churrascada.

Cultura

Publica o teu comentario agora