Cantos de Taberna

Pontedeume celebra a terceira edición dos Cantos de Taberna organizada por Airiños do Eume
09 de Maio, 2019 - 10:01 h. | Publicada por Radio Fene

Agrupacións de diferentes lugares da xeografía galega ambientarán os locais de hostalería da vila eumesa con pezas tradicionais populares ao longo do sabado 11 de maio.

Airiños do Eume organiza a que será a terceira edición en Pontedeume dos Cantos de Taberna, evento no que grupos de diferentes lugares da xeografía galega ambientarán diferentes locais de hostalería da vila con pezas tradicionais populares ao longo do sabado 11 de maio, habendo dous pases diferentes: o primeiro, de 12:00h a 15:00h, e o segundo de 19:00h a 22:00h aproximadamente. A xornada conta cun xantar común que terá lugar tras o pase matutino, será o nexo de unión entre os diferentes grupos, que teñen como único obxectivo pasar un bo día.

Participantes:

As agrupacións que xa están confirmadas (á espera dalgunha máis) para o evento son as seguintes: Aires de Sigrás (Cambre) , Os Feroces da Galgueira (As Pontes), Cantareiros do Naval (Oleiros), No Cómbaro ( As Pontes), Viute o demo (Sada), Os Folieiros (A Coruña), Espera que vou mexare (Viveiro), Os Pantoxos ( A Coruña), Os cantantes da Moncloa (Ribadeo), Os Xotas (Ferrol), Arrincadeira (Arzúa), Ponte ó Rejo (Fene) e como non Airiños do Eume. Os locais de hostalería participantes son: Café Bar Fubolín, O Trasteiro, Tapería Alvariza, Café Rafa Bar, La farmacia de Abajo, El Plaza Café, A Cociña, Compostela, Zas, Bar Santiago, A Cova das Bruxas, O Varadoiro, Touporroutou, A Ciaboga, Casa de la Abuela, Restaurante Luis, Cervecería Alameda, Beers Club e Café Bar Martiño. Como se pode observar, nin variedade nin calidade musical van faltar para amenizar a que se agarda que sexa unha gran xornada de tradición galega na vila de Pontedeume.

Cultura

Publica o teu comentario agora