Caranza reclama profesorado de apoio

Caranza reclama profesorado de apoio

02 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado de etnia xitana é un tercio da poboación escolar. Tamén existen nenos e nenas de procedencia estranxeira con linguas chinesa, romanesa, saharaui ou húngara. Esa é a situación do colexio Manuel Masdias de Caranza en Ferrol. Denuncian a carencia de profesorado para atender necesidades educativas específicas.

O colexio de Caranza denuncia que a dotación de profesorado para este curso escolar viuse diminuida, malia ter recibido alumnado a maiores. O alumnado do centro Manuel Masdias de Caranza ascende neste curso a 165 nenos e nenas. O Consello Escolar demanda a dotación de profesorado de apoio. Se no prazo dunha semana non hai unha solución, a comunidade escolar adoptará outro tipo de medidas, segundo indican nun comunicado.

Sociedade