Cariño polo Teatro. 32 anos xuntos.

Cariño polo Teatro. 32 anos xuntos.

10 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A XXXII Mostra de Teatro de Cariño arrancou con espectáculos adicados ós máis pequenos. Hoxe e mañá os nenos e nenas terán un protagonismo especial, co obxectivo de facer chegar a todas as idades o mundo do teatro. A mostra continuará ata o 20 de agosto.

Comezou a 32 edición da Mostra do Teatro de Cariño, unha cita que ano a ano congrega a máis visitantes. Comeza cun especial protagonismo para as obras adicadas ós máis pequenos. Así, mañá mércores 11 de agosto escenificarase “A verdadeira historia dos 3 porquiños” do Teatro do Andamio. A mostra continúa, neste caso para o público aduto, cunhas xornadas adicadas ó teatro afeccionado, unha modalidade de facer teatro que cada vez conta con máis seguidores en Galicia, segundo o concelleiro de Cultura do Concello de Cariño, Manuel Valera.

A mostra continuará con teatro profesional a partir do 16 de agosto, con compañías de renome do país como a Compañía do Atlántico, ou a Lagarta-Lagarta, que ofrecerá en Cariño a súa exitosa obra “O segredo dos Hofman", á fronte da que se atopan actores como Ernesto Chao, Xosé Barato ou Belén Constenla. Desde o Concello agardase que nesta nova edición da mostra, a súa repercusión e a súa calidade se manteñan a pesar do contexto económico.

Sociedade