Carlos Aymerich: “O meu cargo está a expensas do que decida a Asemblea Nacional”

Carlos Aymerich: “O meu cargo está a expensas do que decida a Asemblea Nacional”

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Parlamento de Galicia para a VIII lexislatura da Autonomía constitúese nesta xornada. Os deputados tomarán posesión dos seus escaños e Pilar Rojo asumirá a presidencia do hemiciclo para o novo curso político. Pola súa banda, Carlos Aymerich será o portavoz do BNG ou, cando menos, serao durante as primeiras sesións plenarias. En declaracións a Radiofusiòn, o deputado nacionalista por A Coruña, recoñeceu

Malia que non saiba a duración da mesma, a tarefa de Aymerich vai ser intensa. O representante nacionalista vén de subscribir “unhas regras de xogo” co PSdeG polas que os socialistas cedéronlle ao Bloque a vicesecretaría da Mesa do Parlamento co obxectivo de que se respecte no órgano reitor do foro a pluralidade existente na Cámara. O acordo, que será extensivo ao Consello de Contas e ao da CRTVG, é, segundo Aymerich, “un acordo político limitado ao funcionamento do Parlamento galego. No español, o BNG non ten acordos de lexislatura co PSOE”. En calquera caso, o nacionalista considera o pacto un “bo inicio de lexislatura e bo precedente do traballo que PSOE e BNG teremos que facer dende o noso proxecto político, pero traballando para que se visualice unha alternativa ao PP que necesariamente pasa polos dous”.

O portavoz do nacionalismo galego con representación no Hórreo concede que existe un “estilo Aymerich” coñecido dende o sustento do Goberno bipartito, e que agora empregará “nun traballo de oposición serio, rigoroso pero tamén moi firme na defensa dos intereses de Galiza e da maioría social”. O deputado do BNG anuncia que non cederá na defensa de “conquistas sociais irrenunciables”, como cualifica ao Sistema Galego de Benestar, aos avances en materia de harmonización lingüística e á revisión da política enerxética.

Institucional